Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

EXTRAEMOS SEMENTES

Imagen
Obtemos sementes dos froitos do outono Recollemos sementes das plantas que floreceron no cole e doutras que aportaron as familias para extraer a semente e poder facer o noso banco de sementes: porros, xudías brancas, cabaza, pepino e tomate. Entre todxs imos enriquecendo o noso banco se sementes seguindo estes pasos: Pedimos a toda a comunidade educativa que aporte sementes de cultivos locais para agrandar o noso banco e poder sementar variedades locais no colexio. Cos alumnos de 3º e 1º faremos unha comisión de expertos que irán explicando por todo o colexio o que van aprendendo para implicar a toda acomunidade educativa no proxecto da ecohorta.

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

Imagen
Hoxe visitáronnos dous expertos en compostaxe, Marcelo e Eloy que son colaboradores do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e con eles descubrimos quen vive na nosa composteira. Aprendemos así a importancia de elaborar compost para transformar os desperdicios orgánicos en alimento para a terra e deste xeito xenerar menos residuos. Os alumnos de primeiro aprenderán diversas curiosidades sobre as miñocas que viven no compost e cal é a súa importante labor.

RECOLLEMOS O NOSO COMPOST

Imagen
Baleiramos a composteira do col e Seguindo as indicacións da mestra composteira, abrimos a composteira do cole e comprobamos que entre todas e todos fixemos un bo traballo. Xa temos compost para a nosa horta !

COMEZAMOS O PROXECTO!

Imagen
Os nenxs de primeiro e terceiro se reunen para organizar as tarefas colaborativas na horta e deseñar o plan de acción deste curso. O primeiro paso foi... Análise da nosa horta na actualidade: Plan de acción