Entradas

RECOÑECEMOS, OLEMOS, PROBAMOS PLANTAS DA HORTA - 2º EP

Imagen
 O alumnado de 2º saímos a miúdo a ver como van crecendo as aromáticas que plantamos, pero hoxe saímos para xogar a recoñecer, oler e degustar todas as plantas que podemos, mesmo as flores. Probamos tapetes, caléndulas, capuchinas, todas as aromáticas, cenorias, leitugas, talos de porros e cebolas, repolos, rúcula e ata xudías moradas... foi moi divertido!

A NOSA HORTA EN MAIO

Imagen
 

4º OBRADOIRO DE HORTA CON XACOBE- 6ºEP

Imagen
  A nosa horta énchese de cor: facemos acuarelas con pigmentos naturais Nesta ocasión acompañounos Xacobe, outro asesor das rede de ecohortas. O alumnado de 6º de Primaria participou nun creativo obradoiro no que aprendimos a facer acuarelas a partir dos pigmentos das plantas. Empregando flores e plantas recollidas na nosa horta, así como algunhas especias, elaboramos as nosas propias acuarelas con pigmentos naturais. Para extraer as cores utilizamos diferentes técnicas: nalgúns casos bastou con mesturar os ingredientes con auga; noutros, foi necesario machacar follas e flores nun morteiro para liberar todo o seu pigmento. Traballamos con ingredientes tan variados como a caléndula, os taxetes, o pirixel, a menta, a albahaca, a canela, a cúrcuma ou o pementón, comprobando a gran diversidade de tons que nos ofrece a natureza. Este obradoiro permitiunos experimentar, observar e crear ao mesmo tempo, unindo ciencia, arte e natureza nunha actividade chea de cor. Ademais de coñecer mello...

COCIÑA NO ÁMBITO CON PRODUCTOS DA HORTA - 5º e 6º

Imagen
Para despedir a terceira tarefa do ámbito Natural social "Da terra ao prato" deseñamos unha Pizza Harvard con masa de fariña integral de fermentación longa (48h en frío) feita por nós pestos variados e rúcula da nosa horta, ademáis dun pisto de verduras de cebola, cenorias e cabaciño. Foi moi divertido o proceso e o resultado da pizza un éxito e un reto para algúns que non probaran nunca algunas desas verduras.  

SEMENTEIRA NOS BANCAIS DE 4º DE EI

Imagen
Esta semana o alumnado de 3 anos saiu á horta a plantar diversos cultivos no bancal das compostas e flores e aromáticas repartidas por todos os bancais. 🌼 taxetes 🌿aromáticas 🥬 e distintas variedades de leitugas.

PLANTANDO FLORES NA CLASE DE 6º DE INFANTIL

Imagen
 Os alanos de 6º de infantil comenzaron a primavera sementando capuchinas e taxetes na aula. Coidaron as plantiñas ata que brotaron e nese momento as levaron a casa.

3º OBRADOIRO CON GEMMA: 6º infantil, 1º e 3º de EP

Imagen
Hoxe fixemos o 3º obradoiro de horta coa nosa asesora do plan Proxecta Gemma. 🌿O alumnado de 5 anos, 1º e 3º de primaria trouxeron da casa un montón de restos orgánicos para facer o Obradoiro de agricultura rexenerativa 🪴. Coas tesoiras desfixeron todos os restos , cortaron, picaron e mesturaron e puxeron todo na superficie do bancal, despois regaron e colocaron cartóns enriba para que todos eses restos se vaian desconpoñendo. Os cartóns manterán a humidade e evitarán que xerminen as sementes coa ausencia de luz. Nun par de semanas comezaremos a observar como se vai descompoñendo a materia orgánica e que podemos atopar baixo os cartóns. 🪱🪳🪏 🌿 O alumnado de 4º tamén saiu á horta para plantar diversos cultivos cada un no seu bancal correspondente, plantaron capuchinas, xudías moradas, leitugas variadas e repolos de distintas variedades.