COCIÑA NO ÁMBITO CON PRODUCTOS DA HORTA - 5º e 6º
Para despedir a terceira tarefa do ámbito Natural social "Da terra ao prato" deseñamos unha Pizza Harvard con masa de fariña integral de fermentación longa (48h en frío) feita por nós pestos variados e rúcula da nosa horta, ademáis dun pisto de verduras de cebola, cenorias e cabaciño. Foi moi divertido o proceso e o resultado da pizza un éxito e un reto para algúns que non probaran nunca algunas desas verduras.
Comentarios
Publicar un comentario