Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

SEMENTAMOS NOS BANCAIS 2º, 5º e 6º

Imagen
 Chegou a primavera, tempo de saír á horta. 🌞🌱 🪴O alumnado de 2º, 5º e 6º fixo hoxe unha saída para limpar os bancais, poñer as primeiras plantas da horta rotativa e nutrir a terra con vermicompost. 🪱 🪴O alumnado de 2º plantou aromáticas variadas coma albahacas, tómentelo, menta, ourego e perixel xa que na nosa horta as aromáticas e as flores teñen gran presencia para atraer polinizadores e enriquecer o noso ecosistema. 🪴O alumnado de 5º A, 5º B e 6º plantou tomates, pementos, berenxenas, repolos de moitas variedades, leitugas, acelgas, rúcula, porros e cebollas ademáis de caléndulas e taxetes no centro dos bancais. 🌼🌱🌼🌱

2º OBRADOIRO CON GEMMA- 2ºEP

Imagen
No noso obradoiro con Gemma, o alumnado de 2º de Primaria aprendeu todo o que precisan as plantas para medrar sas. Falamos da importancia de contar cunha terra ben nutrida, de como se forma o compost e do papel fundamental que desempeña a composteira no coidado da nosa horta. Ademais, realizaron diferentes experimentos para analizar mostras de terra recollidas en distintos puntos da horta. Investigaron cal delas tiña unha maior cantidade de materia orgánica e aprenderon a identificar os diferentes tipos de solo, como o areoso, o arxiloso ou o limoso, observando as súas características. Como peche de todo o traballo desenvolvido con Gemma e coas titoras de 2º, Marta, Estela e Jacqueline, elaboramos unha infografía na que recollemos os aspectos máis importantes sobre o compost e a saúde do solo. Agora está colocada ao carón da composteira para que toda a comunidade educativa poida consultala e seguir aprendendo sobre a importancia de coidar a terra que alimenta a nosa horta.  

REFORESTACIÓN POÉTICA - TODO O COLE

Imagen
 Como cada ano, para conmemorar o Día da Poesía, realizamos unha saída ao Monte Comunal de Áreas, onde participamos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas. Con esta actividade colaboramos na reforestación do monte e reflexionamos sobre a importancia de coidar e conservar a nosa contorna natural. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que o alumnado puido participar activamente na plantación e comprender o valor das especies autóctonas para a biodiversidade e a saúde dos nosos bosques. Ao rematar a xornada, visitamos o Club Hípico de Áreas, onde nos achegaron ao mundo dos cabalos. Alí explicáronnos como viven, cales son os seus coidados diarios, a alimentación que precisan e as atencións necesarias para garantir o seu benestar.  Foi un día de aprendizaxe, convivencia e contacto coa natureza.