Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

SEMENTEIRA NOS BANCAIS DE 4º DE EI

Imagen
Esta semana o alumnado de 3 anos saiu á horta a plantar diversos cultivos no bancal das compostas e flores e aromáticas repartidas por todos os bancais. 🌼 taxetes 🌿aromáticas 🥬 e distintas variedades de leitugas.

PLANTANDO FLORES NA CLASE DE 6º DE INFANTIL

Imagen
 Os alanos de 6º de infantil comenzaron a primavera sementando capuchinas e taxetes na aula. Coidaron as plantiñas ata que brotaron e nese momento as levaron a casa.

3º OBRADOIRO CON GEMMA: 6º infantil, 1º e 3º de EP

Imagen
Hoxe fixemos o 3º obradoiro de horta coa nosa asesora do plan Proxecta Gemma. 🌿O alumnado de 5 anos, 1º e 3º de primaria trouxeron da casa un montón de restos orgánicos para facer o Obradoiro de agricultura rexenerativa 🪴. Coas tesoiras desfixeron todos os restos , cortaron, picaron e mesturaron e puxeron todo na superficie do bancal, despois regaron e colocaron cartóns enriba para que todos eses restos se vaian desconpoñendo. Os cartóns manterán a humidade e evitarán que xerminen as sementes coa ausencia de luz. Nun par de semanas comezaremos a observar como se vai descompoñendo a materia orgánica e que podemos atopar baixo os cartóns. 🪱🪳🪏 🌿 O alumnado de 4º tamén saiu á horta para plantar diversos cultivos cada un no seu bancal correspondente, plantaron capuchinas, xudías moradas, leitugas variadas e repolos de distintas variedades.

SEMENTEIRA NO BANCAL DE LILIÁCEAS E UMBELÍFERAS - 5º de EI

Imagen
 

PREPARAMOS UN BANCAL DE AROMÁTICAS - 2º EP

Imagen
 🌱Este ano o alumnado de 2º é o encargado de preparar o bancal de aromáticas. Hoxe volveron saír á horta para seguir plantando: curry, herba luisa, melisa, diversas mentas, herbaboa, albahacas de distintas variedades, tomentelo, romero… e tamén algunhas flores como capuchinas e taxetes.🌼🪴 🌿O alumnado de 4 anos de infantil tamén aproveitou este día para plantar cenorias e cortar os talos das cebolas para que crezcan máis fortes. 🧅🥕