1º OBRADOIRO DE HORTA CON GEMMA - 2ºEP
A nosa horta escolar converteuse nun auténtico laboratorio ao aire libre grazas á realización de tres obradoiros moi interesantes, nos que o alumnado puido investigar, experimentar e aprender de maneira práctica. Primeiro obradoiro: Coñecemos as familias botánicas Da man de Gemma e da profesora de apoio, o alumnado achegouse ao mundo das plantas, aprendendo a identificar as diferentes familias botánicas. Descubriron as súas características, as semellanzas e diferenzas entre elas e comprenderon a importancia de coñecer a súa clasificación para o coidado da horta. Segundo obradoiro: Descubrimos o compost Con Marta, realizamos a limpeza da composteira e recollimos o compost xa elaborado. Ademais, observamos con atención os pequenos organismos que viven no seu interior e descubrimos o papel fundamental que desempeñan na descomposición da materia orgánica e na creación dun solo fértil. Terceiro obradoiro: Investigamos a calidade da terra No último obradoiro, guiado por Nataxa, recollem...