Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

A NOSA HORTA EN MAIO

Imagen
 

4º OBRADOIRO DE HORTA CON XACOBE- 6ºEP

Imagen
  A nosa horta énchese de cor: facemos acuarelas con pigmentos naturais Nesta ocasión acompañounos Xacobe, outro asesor das rede de ecohortas. O alumnado de 6º de Primaria participou nun creativo obradoiro no que aprendimos a facer acuarelas a partir dos pigmentos das plantas. Empregando flores e plantas recollidas na nosa horta, así como algunhas especias, elaboramos as nosas propias acuarelas con pigmentos naturais. Para extraer as cores utilizamos diferentes técnicas: nalgúns casos bastou con mesturar os ingredientes con auga; noutros, foi necesario machacar follas e flores nun morteiro para liberar todo o seu pigmento. Traballamos con ingredientes tan variados como a caléndula, os taxetes, o pirixel, a menta, a albahaca, a canela, a cúrcuma ou o pementón, comprobando a gran diversidade de tons que nos ofrece a natureza. Este obradoiro permitiunos experimentar, observar e crear ao mesmo tempo, unindo ciencia, arte e natureza nunha actividade chea de cor. Ademais de coñecer mello...

COCIÑA NO ÁMBITO CON PRODUCTOS DA HORTA - 5º e 6º

Imagen
Para despedir a terceira tarefa do ámbito Natural social "Da terra ao prato" deseñamos unha Pizza Harvard con masa de fariña integral de fermentación longa (48h en frío) feita por nós pestos variados e rúcula da nosa horta, ademáis dun pisto de verduras de cebola, cenorias e cabaciño. Foi moi divertido o proceso e o resultado da pizza un éxito e un reto para algúns que non probaran nunca algunas desas verduras.