SEMENTANDO LANDRAS EN INFANTIL 4º DE EI
Este ano, os peques de infantil sementaron landras na clase de 3 anos no mes de outubro. A idea xurdiu porque o alumnado recolleu landras no monte coas súas familias e as trouxeron ao cole. Despois de traballar con elas decidimos xerminalas. Cara o mes de febreiro-marzo as landras comezaron a brotar e obtivemos uns preciosos Carballos. Os nosos carballos foron crecendo e decidimos trasplantalos para utilizalos na reforestación que realizaremos no monte de Areas no seguinte curso escolar. Deixamos algunhas fotos para que vexades canto traballamos.