3º OBRADOIRO CON GEMMA: 6º infantil, 1º e 3º de EP

Hoxe fixemos o 3º obradoiro de horta coa nosa asesora do plan Proxecta Gemma.

🌿O alumnado de 5 anos, 1º e 3º de primaria trouxeron da casa un montón de restos orgánicos para facer o Obradoiro de agricultura rexenerativa 🪴.

Coas tesoiras desfixeron todos os restos , cortaron, picaron e mesturaron e puxeron todo na superficie do bancal, despois regaron e colocaron cartóns enriba para que todos eses restos se vaian desconpoñendo. Os cartóns manterán a humidade e evitarán que xerminen as sementes coa ausencia de luz. Nun par de semanas comezaremos a observar como se vai descompoñendo a materia orgánica e que podemos atopar baixo os cartóns. 🪱🪳🪏

🌿 O alumnado de 4º tamén saiu á horta para plantar diversos cultivos cada un no seu bancal correspondente, plantaron capuchinas, xudías moradas, leitugas variadas e repolos de distintas variedades.









Comentarios

Entradas populares de este blog

SEMENTANDO - 2º e 3º

PREPARAMOS A TERRA DOS BANCAIS ELEVADOS

COMPOSICIÓN DO CHAN