REFORESTACIÓN POÉTICA - TODO O COLE

 Como cada ano, para conmemorar o Día da Poesía, realizamos unha saída ao Monte Comunal de Áreas, onde participamos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas. Con esta actividade colaboramos na reforestación do monte e reflexionamos sobre a importancia de coidar e conservar a nosa contorna natural.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que o alumnado puido participar activamente na plantación e comprender o valor das especies autóctonas para a biodiversidade e a saúde dos nosos bosques.

Ao rematar a xornada, visitamos o Club Hípico de Áreas, onde nos achegaron ao mundo dos cabalos. Alí explicáronnos como viven, cales son os seus coidados diarios, a alimentación que precisan e as atencións necesarias para garantir o seu benestar. 

Foi un día de aprendizaxe, convivencia e contacto coa natureza.








Comentarios

Entradas populares de este blog

SEMENTANDO - 2º e 3º

PREPARAMOS A TERRA DOS BANCAIS ELEVADOS

COMPOSICIÓN DO CHAN