2º OBRADOIRO CON GEMMA- 2ºEP
No noso obradoiro con Gemma, o alumnado de 2º de Primaria aprendeu todo o que precisan as plantas para medrar sas. Falamos da importancia de contar cunha terra ben nutrida, de como se forma o compost e do papel fundamental que desempeña a composteira no coidado da nosa horta.
Ademais, realizaron diferentes experimentos para analizar mostras de terra recollidas en distintos puntos da horta. Investigaron cal delas tiña unha maior cantidade de materia orgánica e aprenderon a identificar os diferentes tipos de solo, como o areoso, o arxiloso ou o limoso, observando as súas características.
Como peche de todo o traballo desenvolvido con Gemma e coas titoras de 2º, Marta, Estela e Jacqueline, elaboramos unha infografía na que recollemos os aspectos máis importantes sobre o compost e a saúde do solo. Agora está colocada ao carón da composteira para que toda a comunidade educativa poida consultala e seguir aprendendo sobre a importancia de coidar a terra que alimenta a nosa horta.









Comentarios
Publicar un comentario