Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

OBRADOIRO DE REGO SOSTIBLE

Imagen
Rego con materiais de refugallo Hoxe volveu a visitarnos Gemma, a nosa asesora de hortas escolares . Con ela elaboramos distintos sistemas de rego con envases reciclados, cordeis, alambres etc. Tamén pirograbamos os carteis das familias hortícolas que imos poñer nas mesas de cultivo e decidimos buscar mes a mes refráns da horta e colocar o refrán do mes no panel de rexistro de actividades da horta.

3º VISITA Á COMPOSTEIRA DA RÚA OURENSE

Imagen
Sara, a mestra composteira do Concello de Tui explícanos como funciona a composteira municipal e cales son as súas vantaxes. Explícanos tamén como manter a nosa composteira en boas condicións. O alumnado de terceiro toman nota de todo para transmitir toda a información ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole.  

PREPARAMOS A TERRA

Imagen
Limpamos e botamos compost Comezamos a preparar a terra, limpar as herbas que creceron no inverno, remover a terra para osixenala. Comprobamos que a terra que temos é maioritariamente sustrato que ven mesturado con vermiculita o cal vai a axudar ao drenaxe. Removemos ben a terra para aireala, engadimos compost da nosa composteira e a deixamos reposar uns días para que se asente e mentres imos comezar a preparar as primeiras sementeiras. Plantamos algunhas crucíferas no bancal norte do cole: lombarda, repolo corazón de boi, coliflor, kale, brócoli, pack choi...

COMISIÓN DE EXPERTXS

Imagen
Divulgación do aprendido no cole Durante varias semanas os alumnxs de 1º e 3º foron visitando todas as aulas do cole para transmitirlles aos seus compañeirxs todo o aprendido nos obradoiros coa asesora de hortas escolares. Explicouselles así a todas as clases como foi deseñada a horta para este curso e cómo imos organizarnos para colaborar todos en todas as tarefas que fagamos. Para isto asignáronse zonas de traballo na horta para cada curso.