Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

CHEGOU O MOMENTO DE SEMENTAR!

Imagen
Entre todxs os cursos do cole fomos visitando a horta para comezar a sementar. Cada grupo seguiu a planificación deseñada pola comisión de expertos nos obradoiros que realizamos con Gemma a nosa asesora da rede de ecohortas. Na horta circular sementamos; porros, cebolas, cenorias, apio, acelgas, remolacha, diversas variedades de leitugas, chícharos, kale, corazón de boi e lombarda, tomates ( transplantamos os brotes que medraron sós do cultivo do ano pasado). En cada mesa de cultivo puxemos aromáticas coma melisa, ourego, perexil, albahahaca e cilantro e flores coma caléndulas, taxetes, cosmos e capuchina . Queremos enriquecer a nosa horta e atraer moitos insectos!! Fixemos tamén uns bancais de Estrugas e herbas aromáticas. Sementamos as plantas que medraron das nosas sementeira e doutras que fomos conseguindo.