Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

RECOLLIDA DE HERBAS DE SAN XOÁN

Imagen
Herbas de San Xoán Para rematar o curso fixemos unha andaina coas familias polo sendeiro do río Louro en busca das herbas máxicas para elaborar a auga de San Xoán. Cada familia aportou os seus coñecementos e compartiu experiencias de recollidas o que nos permitiu coñecer novas plantas da zona. Nenos e nenas, avós e avoas, nais e pais e profes compartimos unha mañá de recollida respetuosa, tomando conciencia da importancia do coidado do noso entorno e valorando a biodiversidade de herbas que nos ofrece a natureza. Compartimos esta breve información sobre a tradición das herbas de San Xoán en Galicia e algunhas fotos das herbais máis significativas que podíamos atopar no percorrido.

CONGRESO EDUCODS STAND DA HORTA

Imagen
Celebramos o III Congreso educativo EDUCODS e organizamos coa axuda dalgunhas familias un stand da nosa horta para mostrar á comunidade de Tui todo o que aprendimos este curso traballando diversos aspectos da nosa ecohorta.