Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

CONSTRUIMOS UNHA VERMICOMPOSTEIRA

Imagen
Lombrices californianas En xaneiro, os alumnos de 1º e 3º de primaria reunímonos para construir unha vermicomposteira . Aproximámonos con este proxecto ao mundo das lombrices californianas e tomamos conciencia da importancia destes vermes na descomposición da materia orgánica e enriquecimento do chan. As lombrices californianas precisan comer restos de froita e verdura crúas sen cociñar. Picámosllo todo o que podemos para que o proceso sexa máis rápido.

DESEÑO DA HORTA

Imagen
Obradoiros para deseñar a horta Os alumnos de 1º e 3º realizamos tres obradoiros durante toda a xornada para realizar distintas actividades enfocadas ao deseño da horta de este curso. Fixemos unha maqueta da horta circular que queremos facer, organizamos as plantacións que imos sementar en cada mesa de cultivo para poder levar a cabo a rotación ano tras ano e comprobamos a calidade da terra das mesas de cultivo e do noso compost. O deseño da nosa horta está inspirado nun método de agricultura ecolóxica chamado "Parades en crestall" deseñado por un agricultor maiorquín chamado Gaspar Caballero. Os aspectos deste método que imos desenvolver son: compost en superficie nas mesas de cultivo, rotación de cultivos e rego por goteo.