DESEÑO DA HORTA

Obradoiros para deseñar a horta

Os alumnos de 1º e 3º realizamos tres obradoiros durante toda a xornada para realizar distintas actividades enfocadas ao deseño da horta de este curso. Fixemos unha maqueta da horta circular que queremos facer, organizamos as plantacións que imos sementar en cada mesa de cultivo para poder levar a cabo a rotación ano tras ano e comprobamos a calidade da terra das mesas de cultivo e do noso compost.





O deseño da nosa horta está inspirado nun método de agricultura ecolóxica chamado "Parades en crestall" deseñado por un agricultor maiorquín chamado Gaspar Caballero. Os aspectos deste método que imos desenvolver son: compost en superficie nas mesas de cultivo, rotación de cultivos e rego por goteo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES