Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

PROGRAMAMOS SENSOR DE HUMIDADE

Imagen
Investigando coa Microbit A clase de 6º segue traballando no deseño do sistema de rego, introducen un sensor de humidade que programan coa placa microbit. O sensor de humidade colócase na terra e é capaz de detectar se hai humidade suficiente ou non. Este é o primeiro paso. Agora seguiremos investigando para que cando a humidade sexa insuficiente se active a apertura do rego. A clase de 1º observa o proceso de programación na clase de sexto e comproba o seu funcionamento na horta.

PLANO A ESCALA DA HORTA

Imagen
Tomando medidas Os alumnxs de 6º estudan a horta circular para facer un plano a escala e poder realizar diversos cálculos que lles podan axudar no deseño de distintos sistemas de mantemento da horta. Comezaron tomando medidas dos bancais, da distancia entre eles, da profundidade de cada mesa de cultivo etc. Calcularon a terra que se precisa para todas as mesas de cultivo. Mediron, fixeron croquis 3D e calcularon a capacidade.

A MAXIA DA NATUREZA!!

Imagen
Crecen as nosas plantas As sementes que puxemos hai un mes xerminaron e brotaron, as plantas creceron e algunhas comezan a dar as primeiras flores... Empezamos a recoller algunhas espinacas e leitugas.