Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

VISITA Á COMPOSTEIRA MUNICIPAL

Imagen
    Hoxe fomos camiñando con Marcelo (experto do plan Revitaliza) ata a rúa Ourense para visitar unha das composteiras comunitarias do concello de Tui. Alí atopamos a Sara, a mestra composteira do concello e con ela aprendimos como os veciños e veciñas de Tui poden contribuir ao coidado do noso planeta convertindo os restos de comida en compost. Ademáis Sara nos falou de todos os insectos que nos axudan a fabricar compost e nos deu unha mostra a cada un para botarlle as nosas plantas.

VISITA Á HORTA DO CEIP SOBREIRA VALADARES

Imagen
  O alumnado de 2º de E.P visita a horta do CEIP Sobreira Valadares. Dende o Plan Proxecta de Eco-Hortas escolares invitáronnos a visitar unha horta cun grande invernadoiro que teñen os nosos compañeiros do CEIP Sobreira Valadares. Alí desfrutamos dunha xornada estupenda coa nosa asesora da horta, Gemma e outras expertas de "Amigos da Terra" e "Xaruma". Organizámonos cos compañeiros que viñan doutro cole e formamos tres grupos nos que fomos pasando todos por tres obradoiros.  Nun deles ensináronnos o invernadoiro e puidemos contribuír a poñer nós tamén algunhas sementes de cenorias e porros. Noutro aprendimos a estampar follas de plantas sobre un papel, cunha técnica xaponesa na que se utiliza un martelo. No terceiro grupo dérnonnos un paseo por todo o cole que goza dun bosque incrible con moitísimas árbores. Tamén compartimos unha estupenda merenda todos xuntos no comedor do cole que nos prepararon as familias do CEIP Sobreira.                            OBRADOIRO

ORGANIZAMOS A CASETA DE HORTA

Imagen
 Hoxe organizamos a caseta da horta e colgamos entre todos as regadeiras nunha parede. Para iso tivemos que utilizar un taladro de verdade.

PREPARAMOS A TERRA

Imagen
Hoxe adicamos unha sesión a limpar o bancal norte do cole. Quitamos algunhas herbas e plantas que medraron moito e conservamos os aloes, a rúcula e unha pequena zona de estrugas que queremos coidar. As herbas que imos sacando as botamos na composteira, removemos ven a terra para que se osixene e a deixamos reposar ata que volvamos sementar.

FACEMOS COMPOST NUNHA BOTELLA

Imagen
Hoxe recibimos a visita de Marcelo, un dos expertos en compostaxe do Plan Revitaliza.  Con el fixemos un microcomposteiro nunha botella de plástico. Aprendimos que só cos fungos e as bacterias que hai nos restos de comida e na terra xa podemos facer compost. Dentro de tres meses teremos listo o noso compost. Ademáis dun composteiro e un vermicomposteiro que temos no colexio con este sistema podemos ofrecer á comunidade unha forma sinxela de poder compostar tanto na aula coma na casa.