VISITA Á HORTA DO CEIP SOBREIRA VALADARES

 O alumnado de 2º de E.P visita a horta do CEIP Sobreira Valadares.

Dende o Plan Proxecta de Eco-Hortas escolares invitáronnos a visitar unha horta cun grande invernadoiro que teñen os nosos compañeiros do CEIP Sobreira Valadares. Alí desfrutamos dunha xornada estupenda coa nosa asesora da horta, Gemma e outras expertas de "Amigos da Terra" e "Xaruma".

Organizámonos cos compañeiros que viñan doutro cole e formamos tres grupos nos que fomos pasando todos por tres obradoiros. 

Nun deles ensináronnos o invernadoiro e puidemos contribuír a poñer nós tamén algunhas sementes de cenorias e porros.

Noutro aprendimos a estampar follas de plantas sobre un papel, cunha técnica xaponesa na que se utiliza un martelo.

No terceiro grupo dérnonnos un paseo por todo o cole que goza dun bosque incrible con moitísimas árbores.

Tamén compartimos unha estupenda merenda todos xuntos no comedor do cole que nos prepararon as familias do CEIP Sobreira.

                           OBRADOIRO DE PLANTACIÓN







OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN




                       PASEO POLO BOSQUE DO COLEXIO






Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES