Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES

Imagen
Hoxe os alumnos de 2º e 4º de E.P desfrutamos da primeira visita da nosa asesora da horta Gemma. Con ela organizamos tres obradoiros para profondar nun dos obxectivos do proxecto de este curso: coñecer mellor as árbores da contorna, aprender a identificalas polas súas características observables e investigar sobre que nos aportan e por qué son tan importantes. Con Gemma aprendimos a xerminar castañas, noces e landras para obter os nosos pequenos castiñeiros , nogais e carballos . Para iso ademáis dos froitos e envases e recipientes reciclados utilizamos terra e compost. Gemma aprendeunos algunhas técnicas sinxelas para acelerar un pouco o proceso de xerminación. OBRADOIRO DE XERMINACIÓN OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FOLLAS Sacamos as follas que apañamos en setembro e prensamos con peso en sobres de papel. Observámolas para identificar as súas características. Todas as follas son diferentes, hai moitas maneiras de clasificalas dependendo das cousas nas que nos fixemos. Nós aprendimos

CAIXAS DE BIODIVERSIDADE

Imagen
No ámbito "Club de letras" seguimos investigando sobre os diversos ecosistemas e nesta ocasión descubrimos as caixas de biodiversidade e os seus beneficios para os paxaros. Investigamos sobre o tema, preparamos unha infografía  con toda a información e construimos as caixas con materiais de refugallo. Finalmente redactamos e gravamos o podcast para compartir con toda a comunidade educativa. PODCAST: https://open.spotify.com/episode/7Bh9VsYFNaDSUE2fW2dyyB?si=SJwT-SL9T6KrJBQZeve8iQ