OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES

Hoxe os alumnos de 2º e 4º de E.P desfrutamos da primeira visita da nosa asesora da horta Gemma. Con ela organizamos tres obradoiros para profondar nun dos obxectivos do proxecto de este curso: coñecer mellor as árbores da contorna, aprender a identificalas polas súas características observables e investigar sobre que nos aportan e por qué son tan importantes.

Con Gemma aprendimos a xerminar castañas, noces e landras para obter os nosos pequenos castiñeiros, nogais e carballos. Para iso ademáis dos froitos e envases e recipientes reciclados utilizamos terra e compost. Gemma aprendeunos algunhas técnicas sinxelas para acelerar un pouco o proceso de xerminación.

OBRADOIRO DE XERMINACIÓN




OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FOLLAS

Sacamos as follas que apañamos en setembro e prensamos con peso en sobres de papel. Observámolas para identificar as súas características. Todas as follas son diferentes, hai moitas maneiras de clasificalas dependendo das cousas nas que nos fixemos. Nós aprendimos cunha roda confeccionada por nós a ver os distintos bordes que pode ter unha folla e tamén a forma da propia folla.





OBRADOIRO DE CONCIENCIACIÓN

Neste obradoiro, visualizamos un vídeo e algunhas diapositivas sobre a función das árbores nos distintos ecosistemas. Fixémonos preguntas e sacamos conclusións en gran grupo sobre por que son tan importantes as árbores, que aportan ao noso planeta e que podemos facer para conservalas.

VÍDEO: LOS ÁRBOLES

DIAPOSITIVASA IMPORTANCIA DAS ÁRBORES


Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA