Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

INAUGURAMOS OS BANCAIS

Imagen
Hoxe recibimos a terceira visita da nosa asesora da HORTA e con ela coma sempre organizamos varios obradoiros para repartirnos as tarefas. Fixemos tres grupos e fomos rotando para pasar todos polas tres tarefas que levamos a cabo hoxe: Sementar nos novos bancais, seguindo a organización por familias botánicas e a planificación prevista seguindo os marcos de plantación que recomenda o sistema de "Parades en crestall" que estamos aplicando. Seguir construíndo o sistema de rego por goteo para poder abastecer todas as xardineiras e mesas de cultivo do cole e optimizar os nosos recursos. Elaborar carteis de madeira para colocar a carón dos bancais e poder ver todas as flores, hortalizas, verduras e plantas aromáticas que imos plantando.

CONSTRUCCIÓN DO REGO POR GOTEO

Imagen
Por fin conseguimos rechear de todo os novos bancais e montar e colocar o rego por goteo segundo deseñáramos. Esta labor foi posible grazas á axuda de toda a comunidade educativa: familias, profes e alumnado. Para a confección do rego utilizamos tubo ríxido e tubo perforado, unimos os cinco bancais entre si a un tubo principal que se separa en dous en dúas liñas de rego en cada bancal e enlazamos o tubo ríxido non perforado á billa. Para poder utilizar a mangueira cando sexa preciso utilizamos unha peza de doble saída que nos deu a posibilidade de ter dúas saídas independentes, a do rego e a da mangueira.  Finalmente instalamos un reloxo cun temporizador para programar o rego segundo as necesidades do clima, conseguindo así un sistema eficiente de rego sostible feito e deseñado por nós.