CONSTRUCCIÓN DO REGO POR GOTEO

Por fin conseguimos rechear de todo os novos bancais e montar e colocar o rego por goteo segundo deseñáramos. Esta labor foi posible grazas á axuda de toda a comunidade educativa: familias, profes e alumnado.
Para a confección do rego utilizamos tubo ríxido e tubo perforado, unimos os cinco bancais entre si a un tubo principal que se separa en dous en dúas liñas de rego en cada bancal e enlazamos o tubo ríxido non perforado á billa. Para poder utilizar a mangueira cando sexa preciso utilizamos unha peza de doble saída que nos deu a posibilidade de ter dúas saídas independentes, a do rego e a da mangueira. 

Finalmente instalamos un reloxo cun temporizador para programar o rego segundo as necesidades do clima, conseguindo así un sistema eficiente de rego sostible feito e deseñado por nós.
























Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES