Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

DESPEDIDAS CON PRODUCTOS DA HORTA

Imagen
 Seguimos recollendo Kale, acelgas, cenorias, leitugas, cabaciño, os primeiros tomates, physalis e moita albahaca morada. Facemos pizzas ás que lle botamos todas as verduras que podemos.  Tamén facemos despedidas coas familias de 1º, 2º e 4º de E.P e entre moitos picoteos preparamos pestos de albahaca verde e morada da nosa horta e augas aromatizadas con menta e outras bebidas detox que aprendimos a facer nos ámbitos.

ACOLCHADO

Imagen
Hoxe recibimos a cuarta visita de Gemma. Organizamos coma sempre 3 obradoiros pero o obxectivo máis importante desta visita era experimentar con distintos tipos de acolchado e a súa eficacia para rematar botando o máis eficiente na nosa horta e manter a humidade dos bancais. Os obradoiros se organizaron do seguinte xeito: 1. Experimentos sobre a eficacia dos acolchados. Comprobamos en tres recipientes, un con terra soa noutro con fentos e follas diversas e no último con cortiza de piñeiro sen tratar. Cal retén máis a auga? Despois de botar en recipientes coa mesma capacidade a mesma cantidade de auga vemos deseguida que a cortiza de piñeiro é a cobertura que mellor retén a auga. 2. Acolchamos a horta coa cortiza de piñeiro. 3. Rematamos a instalación do rego por goteo nalgúns bancais coma o dos amorodos. Iniciamos o rego do arrecendario que nun futuro conectaremos a un depósito que recolla a auga da chuvia.

COLLEITAMOS E DEGUSTAMOS!

Imagen
A nosa horta a 12 de xuño luce así... A nosa colleita para facer unha ensalada. Complementamos con algunhas cousas do mercado pois aínda non están maduros os nosos tomates e pepinos.