ACOLCHADO

Hoxe recibimos a cuarta visita de Gemma. Organizamos coma sempre 3 obradoiros pero o obxectivo máis importante desta visita era experimentar con distintos tipos de acolchado e a súa eficacia para rematar botando o máis eficiente na nosa horta e manter a humidade dos bancais.

Os obradoiros se organizaron do seguinte xeito:

1. Experimentos sobre a eficacia dos acolchados. Comprobamos en tres recipientes, un con terra soa noutro con fentos e follas diversas e no último con cortiza de piñeiro sen tratar. Cal retén máis a auga? Despois de botar en recipientes coa mesma capacidade a mesma cantidade de auga vemos deseguida que a cortiza de piñeiro é a cobertura que mellor retén a auga.

2. Acolchamos a horta coa cortiza de piñeiro.

3. Rematamos a instalación do rego por goteo nalgúns bancais coma o dos amorodos. Iniciamos o rego do arrecendario que nun futuro conectaremos a un depósito que recolla a auga da chuvia.










Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES