4º SESIÓN CON GEMMA
🌞🪴🪴🪴 Última sesión de ecohorta coa nosa asesora Gemma. O alumnado de 3º desfrutou hoxe de dous obradoiros: 🌱Con experimentación moi divertida Gemma ensinounos como analizar distintas mostras de terra para ver a cantidade de materia orgánica que tiñan, como retiñan cada unha a agua, se drenaban ben ou tendían a encharcarse… Tamén xogamos a moldear anacos de terra das distintas mostras e comprobamos que canta máis arxila más doado era de compactar e darlle forma… 🌱 No seguinte obradoiro observamos e probamos distintas plantas da nosa horta e finalizamos botándolle cáscara de piñeiro aos bancais coa intención de axudar á terra a conservar a humidade.💦