UN MES EN GALEGO: PLANTAS DA HORTA E MAIOS - 6º DE EP
No mes de maio, este ano propuxemos facer actividades relacionadas con todos os proxectos que imos desenvolvendo nas aulas ao longo do curso, para darlles visibilidade pero facendo fincapé en que esa transmisión sexa na nosa lingua.
O alumnado de 6º encargouse de identificar as plantas da horta e con axuda da profe de lingua, crear un pequeno xogo de identificación das plantas da horta en galego, cunha versión de asociación planta - froito visual para os máis pequenos.
Este documento imprimímolo, recortámolo e repartímolo por todas as clase ensinando como xogar. Están por unha banda as imaxes, por outra as palabras e ao final en dúas páxinas a solución.

Comentarios
Publicar un comentario