Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

OBRADOIRO de "NENDO DANGO"

Imagen
Experimentamos con sementes e plantas Chegou a derradeira visita de Gemma, a nosa asesora da horta e imos facer con ela a técnica de reforestación "Nendo Dango". Gemma nos trae información de como Masanobu Fukuoka ideou esta técnica e como se fan estas boliñas de barro e sementes. Tamén aprendemos asociacións beneficiosas coma a Milpa. As boliñas que fagamos as donaremos á cooperativa dos nosos compañeiros de 6º para que as podan vender no mercado. Para organizarnos en grupos decidimos aproveitar a mañá para botar cobertura vexetal de palla na nosa horta (técnica que descubrimos a través da unidade didáctica que nos falaba do cambio climático), revisamos todas as aromáticas flores e plantas medicinais que temos na horta, dimos un paseo polo sendeiro do Louro en busca de flores de sabugueiro para facer un zume refrescante e comezar a preparar o cartel do stand da horta do congreso. Ao final da mañá as clases de terceiro e primeiro reunímonos para poñer en común o trballo de c

COCIÑA SAUDABLE DE TEMPADA

Imagen
Hoxe acompáñanos Patricia Paniagua para cociñar en familia productos da horta de tempada e deseñar menús saudables e sostibles. Fálanos da importancia de consumir productos locais de temporada para a nosa saúde e a do planeta. Utilizamos para elaborar os menús diversas hortalizas e herbas que temos na horta: Albahaca, ourego, salvia, cabaciños, tomates, remolachas e pepinos. Non temos a producción suficiente aínda na nosa horta para todas as elaboracións pero si temos exemplares de cada hortaliza e herbas que imos utilizar dado que a nosa horta inclue productos moi variados pertencentes as principais familias de hortalizas e verduras locais que consumimos.

FLORES NA HORTA

Imagen
Observamos como xerminaron as sementes de cosmos, capuchina e caléndulas e revisamos os xeranios e taxetes que van crecendo. Imos transplantando novas plantas en zonas onde non xerminaron as que sementamos. Queremos que as flores estén por toda a nosa horta para atraer os insectos polinizadores e enriquecer a biodiversidade da nosa horta. Seguimos botando compost as plantas que transplantamos á horta.

ELABORAMOS REMEDIOS NATURAIS

Imagen
Hoxe visitounos Rosalía Herbalista que publicou un libro que fala de 7 herbas máxicas. As sete herbas máxicas agás o sabugueiro as temos plantadas na escola. Comezamos saíndo aos bancais onde temos maioritariamente aromáticas e comezamos recoñecendo as seis herbas coas que imos a traballar: Herba Luisa, Melisa, Ourego, Romeu, Aloe vera, Estrugas e o Sabugueiro que recollimos previamente xa que non o temos no cole. Aprendemos en familia diferentes pócemas con ela e as alumnas e alumnos que están toman nota de todo para facelo na aula as próximas semanas co resto dos compañeiros.

COLLEITAS DOS NOSOS PRODUCTOS

Imagen
Cociñamos e degustamos nas aulas Recollemos chícharos, leitugas, herbas aromáticas e seguimos coidando os distintos bancais. Degustamos os productos da nosa horta e facemos receitas saudables nas clases. Ensaladas, pesto con albahaca, recollemos chícharos e os compañeiros de infantil cociñan con eles un arroz tres delicias.