OBRADOIRO de "NENDO DANGO"

Experimentamos con sementes e plantas

Chegou a derradeira visita de Gemma, a nosa asesora da horta e imos facer con ela a técnica de reforestación "Nendo Dango". Gemma nos trae información de como Masanobu Fukuoka ideou esta técnica e como se fan estas boliñas de barro e sementes. Tamén aprendemos asociacións beneficiosas coma a Milpa. As boliñas que fagamos as donaremos á cooperativa dos nosos compañeiros de 6º para que as podan vender no mercado.



Para organizarnos en grupos decidimos aproveitar a mañá para botar cobertura vexetal de palla na nosa horta (técnica que descubrimos a través da unidade didáctica que nos falaba do cambio climático), revisamos todas as aromáticas flores e plantas medicinais que temos na horta, dimos un paseo polo sendeiro do Louro en busca de flores de sabugueiro para facer un zume refrescante e comezar a preparar o cartel do stand da horta do congreso. Ao final da mañá as clases de terceiro e primeiro reunímonos para poñer en común o trballo de cada grupo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES