Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

ÁMBITO CLUB DE LETRAS - BIOESTANQUE

Imagen
BIOESTANQUE No ámbito club de letras en 3º ciclo de primaria, o alumnado de 5º e 6º de primaria centrámonos este curso no estudio dos ecosistemas para enriquecer a horta do cole e aumentar a biodiversidade da mesma. Nesta ocasión a misión foi crear un bioestanque. Como vemos no panel SCRUM comezamos investigando e rematamos preparando un podcast de difusión de todo o noso traballo para explicar a toda a comunidade a importancia e as características dos bioestanques.

SEMENTEIRAS

Imagen
Para comezar, fixemos o xogo das familias botánicas con Gemma para lembrar as características das sementes e as plantas de cada familia. Nesta s egunda visita da nosa asesora Gemma. Organizámonos por grupos para realizar tres tarefas: 1. Aprender a ler un paquete de sementes: época do ano, marco de plantación, profundidade e tempo de xerminación e días necesarios para a colleita. Co esta información fomos seleccionando as sementes que podíamos plantar neste momento. 2. Preparar a terra das macetas con sustrato, un pouco de area, unhas pedras no fondo e un pouco de hummus de lombriz. Plantamos as sementes que seleccionamos. 3. Cando íamos rematando as dúas tarefas anteriores íamos todos pasando por un obradoiro no que aproveitamos os carteis das familias botánicas que fixemos o ano pasado e os vernizamos para poder poñelos no exterior. Tamén os ananos de infantil fixeron as súas sementeiras.

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN CONSCIENTE

Imagen
Dende a comisión da Biblioteca organizamos unha charla coa cociñeira experta Patricia Paniagua que nos fala da importancia de consumir produtos de tempada e locais tanto para a nosa saúde coma para a saúde do planeta. Tamén falamos da calidade dos produtos locais e a importancia de promover aos pequenos agricultores que se comprometen con prácticas responsables e a agricultura ecolóxica. Para rematar elaboramos algunhas receitas de aperitivos sinxelos e saudables.

MONTAMOS OS NOVOS BANCAIS ELEVADOS

Imagen
BANCAIS ELEVADOS PARA A NOSA HORTA   A AMPA do cole agasallounos cuns novos bancais elevados para poder mellorar a nosa ecohorta. Os novos 6 bancais son de chapa metálica moi fina cunhas dimensións de 2,40m de lonxitude e uns 70cm de ancho o que nos permitirá organizar cada bancal en dúas liñas de cultivo.  Coa axuda de toda a comunidade fomos montándoos pouco a pouco. E finalmente Pablo, pai da nosa alumna Alicia, construíunos unha estructura ao redor de cada un para darlle máis robustez e facelos máis duradeiros e ademáis o resultado foi espectacularmente harmónico. Agradecemos inmensamente a axuda da AMPA e de todas as familias pois contribúen cada día a facer máis rico o noso centro.

RECICLAXE NA AULA

Imagen
 Renovamos os cubos de materia orgánica de aula e revisamos entre todxs a separación do lixo para lembrar onde vai cada material. En todas as aulas haberá un pequeno cubo de lixo marrón onde depositaremos os restos de comida. Cada aula xestionará cando levalo ao composteiro do cole. O recollido nos composteiros de aula irá ao compost porque para o vermicomposteiro só poden ir restos de vexetais crus e os restos das merendas as veces poden ser cociñados.