SEMENTEIRAS


Para comezar, fixemos o xogo das familias botánicas con Gemma para lembrar as características das sementes e as plantas de cada familia.


Nesta segunda visita da nosa asesora Gemma. Organizámonos por grupos para realizar tres tarefas:

1. Aprender a ler un paquete de sementes: época do ano, marco de plantación, profundidade e tempo de xerminación e días necesarios para a colleita. Co esta información fomos seleccionando as sementes que podíamos plantar neste momento.

2. Preparar a terra das macetas con sustrato, un pouco de area, unhas pedras no fondo e un pouco de hummus de lombriz. Plantamos as sementes que seleccionamos.

3. Cando íamos rematando as dúas tarefas anteriores íamos todos pasando por un obradoiro no que aproveitamos os carteis das familias botánicas que fixemos o ano pasado e os vernizamos para poder poñelos no exterior.









Tamén os ananos de infantil fixeron as súas sementeiras.






Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES