MONTAMOS OS NOVOS BANCAIS ELEVADOS

BANCAIS ELEVADOS PARA A NOSA HORTA
 
A AMPA do cole agasallounos cuns novos bancais elevados para poder mellorar a nosa ecohorta. Os novos 6 bancais son de chapa metálica moi fina cunhas dimensións de 2,40m de lonxitude e uns 70cm de ancho o que nos permitirá organizar cada bancal en dúas liñas de cultivo. 
Coa axuda de toda a comunidade fomos montándoos pouco a pouco. E finalmente Pablo, pai da nosa alumna Alicia, construíunos unha estructura ao redor de cada un para darlle máis robustez e facelos máis duradeiros e ademáis o resultado foi espectacularmente harmónico. Agradecemos inmensamente a axuda da AMPA e de todas as familias pois contribúen cada día a facer máis rico o noso centro.



Comentarios

Entradas populares de este blog

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

PREPARAMOS A TERRA

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES