Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

SEMENTANDO - FROITOS VERMELLOS 1ºEP

Imagen
 O alumnado de 1º sementou froitos vermellos nas mesas de cultivo e no bancal onde o pasado curso sementamos os arandos. Este ano sementamos frambuesas e amorodos. Organizamos os turnos para regar todos os días coa mangueira, xa que estes bancais aínda non teñen o rego por goteo. PRODUCCIÓN E DEGUSTACIÓN UN MES DESPOIS...

VISITA AO VERXEL DE COIRO

Imagen
Grazas á organización da rede de Eco hortas escolares puidemos visitar o "Verxel de Coiro". Un proxecto agroecolóxico en Cangas que nos encantou. Alí puidemos coñecer a Cris, unha agricultora volcada en producir alimentos ecolóxicos ofrecendo á súa comunidade a oportunidade de consumir alimentos de primeira calidade locais que coidan a saúde das personas e do entorno. O Verxel de Coiro é un pequeno paraíso de biodiversidade e respeto pola natureza. Cris ensinounos como prepara os pedidos dos veciños que mercan as súas verduras, tamén nos ensinou moitas herbas e flores comestibles que colleita para as ensaladas dos seus clientes e aprendeunos a sachar patacas... unha xornada estupenda en contacto coa terra.  

2º SESIÓN CON GEMMA- 1º. 3º E 5º EP

Imagen
 Hoxe fixemos o segundo Obradoiro de horta coa nosa asesora Gemma. O alumnado de 3º, 5º e 1º traballamos xuntos nos bancais da horta preparando a terra para comezar a sementar. Fixemos varias tarefas entre todos: 1º Remexemos para airear, cortamos os talos do abono verde e deixamos as raíces para nutrir a terra.  2º Plantamos o bancal da familia das compostas, quenopodiáceas e cucurbitáceas : leitugas de moitas variedades, remolachas espinacas, acelgas,  canónigos, pepinos e cabaciña. Coma sempre plantamos caléndulas e taxetes na liña central e algunhas aromáticas coma albahaca, menta e ourego. 3º Gemma ensinounos a facer un bancal según os principios da agricultura REXENERATIVA no que botamos restos orgánicos como peles, cascas de ovos, trozos de hortalizas etc cortámolo todo moi pequeno para que o tempo de descomposición sexa máis curto e para finalizar, regámolo e tapámolo con cartóns para manter a humidade.  Pedimos ás familias axuda para poder facer este obradoi...