2º SESIÓN CON GEMMA- 1º. 3º E 5º EP

 Hoxe fixemos o segundo Obradoiro de horta coa nosa asesora Gemma.

O alumnado de 3º, 5º e 1º traballamos xuntos nos bancais da horta preparando a terra para comezar a sementar.

Fixemos varias tarefas entre todos:

1º Remexemos para airear, cortamos os talos do abono verde e deixamos as raíces para nutrir a terra. 


2º Plantamos o bancal da familia das compostas, quenopodiáceas e cucurbitáceas: leitugas de moitas variedades, remolachas espinacas, acelgas,  canónigos, pepinos e cabaciña.

Coma sempre plantamos caléndulas e taxetes na liña central e algunhas aromáticas coma albahaca, menta e ourego.










3º Gemma ensinounos a facer un bancal según os principios da agricultura REXENERATIVA no que botamos restos orgánicos como peles, cascas de ovos, trozos de hortalizas etc cortámolo todo moi pequeno para que o tempo de descomposición sexa máis curto e para finalizar, regámolo e tapámolo con cartóns para manter a humidade. 

Pedimos ás familias axuda para poder facer este obradoiro:












4º Tamén renovamos os carteis das familias hortícolas.












Comentarios

Entradas populares de este blog

COMPOSICIÓN DO CHAN

EXTRAEMOS SEMENTES

ÁMBITO NATURAL E SOCIAL - COSMÉTICA RESPETUOSA