O mércores pasado, o alumnado de 3° de primaria saiu á horta para rematar de sementar o bancal de liliáceas e unbelíferas onde puxeron: cenorias, porros, cebollas, apio, fiuncho de Florencia, allos perexil de diversas variedades e coandro. • O alumnado de 2° tamén saiu aprovechando o bo tempo e sementou un bancal enteiro de aromáticas e flores para enriquecer á horta e atraer moitos insectos polinizadores: puxeron albahacas de distintas variedades, herba luisa, melisa, hortelá, tomentelo, coendro, perixel... e flores como caléndulas taxetes e capuchinas.
Estudamos de que está feito o chan Comezamos estudando a composición do chan e observando a importancia dun chan rico en materia viva . Hai materia viva no chan? Para comprobar que no chan onde imos plantar hai materia viva, imos facer un experimento con auga osixenada. Para comprobar que no chan onde imos plantar hai materia viva, imos facer un experimento con auga osixenada. 1. Cubrimos o fondo do prato cunha capa da nosa terra. 2. Botamos auga osixenada ata empapar a terra. Que ocorre? Repite a mesma experiencia pero sen terra... Cambia algo? A auga osixenada reaccionará ante a materia viva formando burbullas. De non suceder isto estamos ante un chan pobre.
Hoxe visitounos Rosalía Herbalista que publicou un libro que fala de 7 herbas máxicas. As sete herbas máxicas agás o sabugueiro as temos plantadas na escola. Comezamos saíndo aos bancais onde temos maioritariamente aromáticas e comezamos recoñecendo as seis herbas coas que imos a traballar: Herba Luisa, Melisa, Ourego, Romeu, Aloe vera, Estrugas e o Sabugueiro que recollimos previamente xa que non o temos no cole. Aprendemos en familia diferentes pócemas con ela e as alumnas e alumnos que están toman nota de todo para facelo na aula as próximas semanas co resto dos compañeiros.
Comentarios
Publicar un comentario