Entradas

TEMPO DE FLORES - ANANOS DE INFANTIL

Imagen
Ás portas do mes de marzo, os ananos de infantil emprenden este ano a tarefa de revisar e arranxar os xeranios e buscar flores que adornen o noso patio e ademáis de vestilo de cores atraian moitos insectos que enriquezan o noso pequeno ecosistema: xeranios, azaleas e alegrías guineanas...

SEMENTEIRAS 1ºEP- INFANTIL

Imagen
 O alumnado de 1º fixo sementeiras na clase durante o mes de febreiro: tomates, berenxenas e pementos. Tamén o alumnado de infantil sementaron taxetes. .

XERMINOU O ABONO VERDE - 6ºEP

Imagen
 Xa podemos ver os primeros brotes das leguminosas que plantamos en decembro! As lentellas contra todo pronóstico xerminaron especialmente ben!   O alumnado de 6º de primaria este ano vai a encargarse do control do rego porque aínda que ten un reloxo integrado a billa hai que controlala igualmente xa que ten outra saída de auga que se utiliza para outras labores no patio e se non se leva un control pode quedar pechada moito tempo. Nos meses de inverno ten que estar pechada xa que coa chuvia o rego non é necesario. 🌱 🌱 🌱 🌱

1º SESIÓN CON GEMMA - 1º E 5º EP

Imagen
 Hoxe tivemos a primeira visita de Gemma, a nosa asesora da Eco horta 🌱🌱🌱 Coa súa axuda, o alumnado de 3º e 5º fixemos tres obradoiros: -1º Observar e tomar nota do estado da horta para saber de ónde partimos e determinar a rotación dos cultivos nos bancais este curso. - 2º ⁠Sementar leguminosas como  abono verde para enriquecer a terra da horta 🫘: probremos distintos tipos de leguminosas para ver cales saen mellor: lentellas, xudías, fabas, garavanzos e trebo verde. - 3º ⁠Preparar tostas con algúns xerminados sinxelos que podemos facer na casa como as pipas de xirasol ou alfalfa e descubrir novos sabores que  aportan moitos nutrintes á nosa dieta🌱😋

DESPEDIDAS CON PRODUCTOS DA HORTA

Imagen
 Seguimos recollendo Kale, acelgas, cenorias, leitugas, cabaciño, os primeiros tomates, physalis e moita albahaca morada. Facemos pizzas ás que lle botamos todas as verduras que podemos.  Tamén facemos despedidas coas familias de 1º, 2º e 4º de E.P e entre moitos picoteos preparamos pestos de albahaca verde e morada da nosa horta e augas aromatizadas con menta e outras bebidas detox que aprendimos a facer nos ámbitos.

ACOLCHADO

Imagen
Hoxe recibimos a cuarta visita de Gemma. Organizamos coma sempre 3 obradoiros pero o obxectivo máis importante desta visita era experimentar con distintos tipos de acolchado e a súa eficacia para rematar botando o máis eficiente na nosa horta e manter a humidade dos bancais. Os obradoiros se organizaron do seguinte xeito: 1. Experimentos sobre a eficacia dos acolchados. Comprobamos en tres recipientes, un con terra soa noutro con fentos e follas diversas e no último con cortiza de piñeiro sen tratar. Cal retén máis a auga? Despois de botar en recipientes coa mesma capacidade a mesma cantidade de auga vemos deseguida que a cortiza de piñeiro é a cobertura que mellor retén a auga. 2. Acolchamos a horta coa cortiza de piñeiro. 3. Rematamos a instalación do rego por goteo nalgúns bancais coma o dos amorodos. Iniciamos o rego do arrecendario que nun futuro conectaremos a un depósito que recolla a auga da chuvia.

COLLEITAMOS E DEGUSTAMOS!

Imagen
A nosa horta a 12 de xuño luce así... A nosa colleita para facer unha ensalada. Complementamos con algunhas cousas do mercado pois aínda non están maduros os nosos tomates e pepinos.