Entradas

SEMENTANDO LANDRAS EN INFANTIL 4º DE EI

Imagen
Este ano, os peques de infantil sementaron landras na clase de 3 anos no mes de outubro.  A idea xurdiu porque o alumnado recolleu landras no monte coas súas familias e as trouxeron ao cole. Despois de traballar con elas decidimos xerminalas. Cara o mes de febreiro-marzo as landras comezaron a brotar e obtivemos uns preciosos Carballos.  Os nosos carballos foron crecendo e decidimos trasplantalos para utilizalos na reforestación que realizaremos no monte de Areas no seguinte curso escolar.  Deixamos algunhas fotos para que vexades canto traballamos. 

TAREFA ÁMBITOS "NATURAL SOCIAL" 1º TRIMESTRE de todo o COLE

Imagen
 O alumnado de EI e EP do cole realizou no primeiro trimestre no ámbito Natural Social, unha tarefa sobre hábitos e alimentación saudable. No 3º ciclo adicamos unha sesión ao traballo de horta. Investigamos sobre as verduras de temporada, os seus beneficios etc... Aprendimos a identificadas na horta, a sementalas e coidalas ata a súa colleita. Tamén cociñamos con elas diversas receitas. O alumnado de 5º e 6º pasou pola horta a facer este traballo na terceira sesión do ámbito do primeiro trimestre, na tarefa "Da Terra ao prato". O traballo de investigación foi igual para todos os grupos e o resultado final foi organizar os cultivos por estacións e tamén situalos nos bancais correspondentes seguindo a rotación establecida. Entre todos lograron limpar ben os bancais, engadir compost, revisar o rego e plantar no lugar axeitado seguindo os patróns de plantación que buscaron para cada cultivo.

AS RAÍÑAS DA NOSA TERRA: A FESTA DAS CRUCÍFERAS! 5º E FAMILIAS

Imagen
 O alumnado de 5º traballou no último trimestre unha unidade didáctica centrada nas crucíferas da nosa terra. O produto final foi un obradoiro intenso de cociña coas crucíferas que puidemos apañar da horta e algunhas máis e ofrecimos ás familias un aperitivo de alto valor nutricional totalmente feito por nós. Un éxito! OS NOSOS PLATOS FORON: Pizza de kale, tomate vermello e améndoas Ensalada de rúcula con tomates caramelizados e pesto da nosa horta. Empanadillas de lombarda, piñóns, mazá e cebola con salsa de soia. Empanadillas de repolo, noces e queixo. Tortiñas de cabaciña, que aínda que non é unha crucífera sairon moi boas e tiñamos cabaciñas na horta 😂 https://www.canva.com/design/DAGofX1dgKE/evJ3EHjrebQXUYF2ElJ7Nw/view?utm_content=DAGofX1dgKE&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=uniquelinks&utlId=hf75a9704a9

4º SESIÓN CON GEMMA

Imagen
 🌞🪴🪴🪴 Última sesión de ecohorta coa nosa asesora Gemma. O alumnado de 3º desfrutou hoxe de dous obradoiros: 🌱Con experimentación moi divertida Gemma ensinounos como analizar distintas mostras de terra para ver a cantidade de materia orgánica que tiñan, como retiñan cada unha a agua, se drenaban ben ou tendían a encharcarse… Tamén xogamos a moldear anacos de terra das distintas mostras e comprobamos que canta máis arxila más doado  era de compactar e darlle forma… 🌱 No seguinte obradoiro observamos e probamos distintas plantas da nosa horta e finalizamos botándolle cáscara de piñeiro aos bancais coa intención de axudar á terra a conservar a humidade.💦

3º SESIÓN CON GEMMA

Imagen
O luns os alumnos de 5º de EP tivemos un novo encontro con Gemma, a nosa asesora da ecohorta, esta vez fixemos catro obradoiros: 🌱Observar a evolución do bancal rexenerativo (a partir de agora serán os compañeiros de 6º os que se ocuparán do rego e control deste bancal cada día) 🌱Quitar “Herbas boas” non sementadas por nós na horta para que non compitan coas que nos queremos colleitar. 🌱Descubrir o poder da fermentación: fixemos “chucrut” de repolo. 🌱Coñecer as crucíferas 🥬 da horta da nosa terra e investigar sobre o seu aporte nutricional.