Entradas

PLANTAMOS PRÍMULAS, BULBOS, KIWIS E FRAMBOESAS

Imagen
 Hoxe limpamos de novo o bancal norte deixando algunhas estrugas e aloes nalgúns escalóns e plantamos prímulas 🌸 de diversas cores. Nunha mesa de cultivo puxemos algúns bulbos de tulipans 🌷🌷🌷que nos trouxo Vera o curso pasado de Ámsterdam. Como sempre que saímos á horta atopamos moitos tesouros.  Tamén plantamos un kiwi macho e outro femia e un par de plantas de framboesas.

HOTEL DE BECHOS

Imagen
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP traballaron na súa tarefa do Ámbito CLUB DE LETRAS sobre os ecosistemas. Investigaron como construír un "hotel de bechos" e todo o relacionado cos bechos que convén atraer para enriquecer a biodiversidade da nosa horta. Ademáis da construcción do hotel prepararon unha infografía con todos os pasos que seguiron para elaborar esta tarefa e gravaron un podcast no que nos explican con detalle en que consiste o "hotel de bechos". HOTEL DE BECHOS    

OBRADOIRO SOBRE ÁRBORES

Imagen
Hoxe os alumnos de 2º e 4º de E.P desfrutamos da primeira visita da nosa asesora da horta Gemma. Con ela organizamos tres obradoiros para profondar nun dos obxectivos do proxecto de este curso: coñecer mellor as árbores da contorna, aprender a identificalas polas súas características observables e investigar sobre que nos aportan e por qué son tan importantes. Con Gemma aprendimos a xerminar castañas, noces e landras para obter os nosos pequenos castiñeiros , nogais e carballos . Para iso ademáis dos froitos e envases e recipientes reciclados utilizamos terra e compost. Gemma aprendeunos algunhas técnicas sinxelas para acelerar un pouco o proceso de xerminación. OBRADOIRO DE XERMINACIÓN OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FOLLAS Sacamos as follas que apañamos en setembro e prensamos con peso en sobres de papel. Observámolas para identificar as súas características. Todas as follas son diferentes, hai moitas maneiras de clasificalas dependendo das cousas nas que nos fixemos. Nós aprendimos ...

CAIXAS DE BIODIVERSIDADE

Imagen
No ámbito "Club de letras" seguimos investigando sobre os diversos ecosistemas e nesta ocasión descubrimos as caixas de biodiversidade e os seus beneficios para os paxaros. Investigamos sobre o tema, preparamos unha infografía  con toda a información e construimos as caixas con materiais de refugallo. Finalmente redactamos e gravamos o podcast para compartir con toda a comunidade educativa. PODCAST: https://open.spotify.com/episode/7Bh9VsYFNaDSUE2fW2dyyB?si=SJwT-SL9T6KrJBQZeve8iQ

VISITA Á COMPOSTEIRA MUNICIPAL

Imagen
    Hoxe fomos camiñando con Marcelo (experto do plan Revitaliza) ata a rúa Ourense para visitar unha das composteiras comunitarias do concello de Tui. Alí atopamos a Sara, a mestra composteira do concello e con ela aprendimos como os veciños e veciñas de Tui poden contribuir ao coidado do noso planeta convertindo os restos de comida en compost. Ademáis Sara nos falou de todos os insectos que nos axudan a fabricar compost e nos deu unha mostra a cada un para botarlle as nosas plantas.

VISITA Á HORTA DO CEIP SOBREIRA VALADARES

Imagen
  O alumnado de 2º de E.P visita a horta do CEIP Sobreira Valadares. Dende o Plan Proxecta de Eco-Hortas escolares invitáronnos a visitar unha horta cun grande invernadoiro que teñen os nosos compañeiros do CEIP Sobreira Valadares. Alí desfrutamos dunha xornada estupenda coa nosa asesora da horta, Gemma e outras expertas de "Amigos da Terra" e "Xaruma". Organizámonos cos compañeiros que viñan doutro cole e formamos tres grupos nos que fomos pasando todos por tres obradoiros.  Nun deles ensináronnos o invernadoiro e puidemos contribuír a poñer nós tamén algunhas sementes de cenorias e porros. Noutro aprendimos a estampar follas de plantas sobre un papel, cunha técnica xaponesa na que se utiliza un martelo. No terceiro grupo dérnonnos un paseo por todo o cole que goza dun bosque incrible con moitísimas árbores. Tamén compartimos unha estupenda merenda todos xuntos no comedor do cole que nos prepararon as familias do CEIP Sobreira.             ...

ORGANIZAMOS A CASETA DE HORTA

Imagen
 Hoxe organizamos a caseta da horta e colgamos entre todos as regadeiras nunha parede. Para iso tivemos que utilizar un taladro de verdade.