Entradas

VAN XERMINANDO AS SEMENTES

Imagen
O experimento de xerminación de landras, castañas e noces funcionou!! O fiuncho que plantamos vai medrando para alimentar as nosas eirugas. Algunhas das nosas sementeiras xa teñen brotes  

OASIS DE BOLBORETAS

Imagen
No ámbito club de letras, en 3º ciclo, o alumnado de 5º e 6º investigamos sobre o que é un oasis de bolboretas co fin de enriquecer a nosa horta e atraer así especies de bolboretas da contorna. Indagaremos sobre os tipos de bolboretas que existen e   cales viven no noso entorno, características de cada unha e necesidades na súa alimentación co fin de plantar todas as especies de plantas necesarias para que atopen un entorno favorable no que podan vivir e alimentarse bolboretas da nosa zona nas súas diversas fases de desenvolvemento. Para rematar elaboramos un podcast de divulgación científica para compartir as nosas investigación cos compañeiros e cas familias. AROMÁTICAS FIUNCHO, RUDA, CAPUCHINA E OUTRAS PLANTAS AROMÁTICAS DIVERSAS, LILIÁCEAS, UMBELÍFERAS, CRUCÍFERAS E LEGUMINOSAS ESTRUGAS E PLANTAS SILVESTRES

REFORESTACIÓN POÉTICA

Imagen
Como todos os anos, o 21 de marzo día da poesía, subimos todo o colexio ao monte comunal de Areas para plantar árbores autóctonas ou moi adaptadas á nosa contorna como: teixos, alcornoques, fresnos, acibro, carballos e castiñeiros. É unha celebración que levamos a cabo cada ano preparando poesías e cantigas que falen da importancia da reforestación e o coidado da contorna. Nesta ocasión contamos tamén cun concerto de Migallas. PODCAST  https://go.ivoox.com/rf/125951717

PREPARAMOS A TERRA DOS BANCAIS ELEVADOS

Imagen
Entre toda a comunidade, familias alumnado e profes montamos os novos bancais, os recheamos con pedras na base para que drenen ben e non se movan e con cortiza de piñeiro natural sen tratar coa que nos agasallou unha das familias. Enriba botamos unha mestura de terra con area e lle botamos o compost que nos trouxo o concello, xa que o noso compost non nos chegaba para todos os bancais. Coa colaboración de todxs en catro semanas a nosa horta estivo xa preparada para preparar o rego e sementar! Marco de madeira feito por Pablo (pai de Alicia). Deste xeito os bancais quedan protexidos polos laterais e non hai perigo para os pequenos. Ademáis dota de robustez a estructura o que pensamos que vai repercutir na durabilidade.

ÁMBITO CLUB DE LETRAS - BIOESTANQUE

Imagen
BIOESTANQUE No ámbito club de letras en 3º ciclo de primaria, o alumnado de 5º e 6º de primaria centrámonos este curso no estudio dos ecosistemas para enriquecer a horta do cole e aumentar a biodiversidade da mesma. Nesta ocasión a misión foi crear un bioestanque. Como vemos no panel SCRUM comezamos investigando e rematamos preparando un podcast de difusión de todo o noso traballo para explicar a toda a comunidade a importancia e as características dos bioestanques.

SEMENTEIRAS

Imagen
Para comezar, fixemos o xogo das familias botánicas con Gemma para lembrar as características das sementes e as plantas de cada familia. Nesta s egunda visita da nosa asesora Gemma. Organizámonos por grupos para realizar tres tarefas: 1. Aprender a ler un paquete de sementes: época do ano, marco de plantación, profundidade e tempo de xerminación e días necesarios para a colleita. Co esta información fomos seleccionando as sementes que podíamos plantar neste momento. 2. Preparar a terra das macetas con sustrato, un pouco de area, unhas pedras no fondo e un pouco de hummus de lombriz. Plantamos as sementes que seleccionamos. 3. Cando íamos rematando as dúas tarefas anteriores íamos todos pasando por un obradoiro no que aproveitamos os carteis das familias botánicas que fixemos o ano pasado e os vernizamos para poder poñelos no exterior. Tamén os ananos de infantil fixeron as súas sementeiras.