Entradas

ROTEIRO HERBAS SILVESTRES

Imagen
Esta semana as familias e profes do CEIP N1 fixemos un roteiro da man de Cesar Lema polos arredores do noso cole. Durante dúas horas, ademáis de disfrutar dun maravilloso paseo aprendimos a identificar algunhas herbas silvestres moi comúns en Galicia que son comestibles e ademáis teñen moitas propiedades mediciñais. Algunhas das que atopamos foron: malvas, sabugueiro, herba camín ou tintoreira, amor de home, llantén, fumaria, herba de San Roberto, borraxa, rumex crispus... e para rematar Cesar e a súa compañeira Goja agasalláronnos cunha merenda de pizzas feitas de herbas silvestres e un café de dente de león.   

ÁMBITO NATURAL E SOCIAL - COSMÉTICA RESPETUOSA

Imagen
Coñecendo as plantas da horta, concretamente as aromáticas podemos descubrir un montón de remedios para a pel, o cabelo... a cosmética natural utiliza moitas das plantas que temos plantadas na horta. Nos distintos niveis, dende infantil ata primaria investigamos sobre as plantas, buscamos propiedades e os seus posibles usos. Ao longo do curso varias persoas expertas viron a visitarnos para axudarnos a profundizar neste tema. O ámbito natural social este ano centrouse na cosmética respetuosa tanto co medio ambiente como cos animais. Algunhas persoas expertas ofrecéronnos modelos de prácticas locais respetuosas neste campo.            Stand no Congreso EDUCODS do ámbito Natural Social

INAUGURAMOS OS BANCAIS

Imagen
Hoxe recibimos a terceira visita da nosa asesora da HORTA e con ela coma sempre organizamos varios obradoiros para repartirnos as tarefas. Fixemos tres grupos e fomos rotando para pasar todos polas tres tarefas que levamos a cabo hoxe: Sementar nos novos bancais, seguindo a organización por familias botánicas e a planificación prevista seguindo os marcos de plantación que recomenda o sistema de "Parades en crestall" que estamos aplicando. Seguir construíndo o sistema de rego por goteo para poder abastecer todas as xardineiras e mesas de cultivo do cole e optimizar os nosos recursos. Elaborar carteis de madeira para colocar a carón dos bancais e poder ver todas as flores, hortalizas, verduras e plantas aromáticas que imos plantando.

CONSTRUCCIÓN DO REGO POR GOTEO

Imagen
Por fin conseguimos rechear de todo os novos bancais e montar e colocar o rego por goteo segundo deseñáramos. Esta labor foi posible grazas á axuda de toda a comunidade educativa: familias, profes e alumnado. Para a confección do rego utilizamos tubo ríxido e tubo perforado, unimos os cinco bancais entre si a un tubo principal que se separa en dous en dúas liñas de rego en cada bancal e enlazamos o tubo ríxido non perforado á billa. Para poder utilizar a mangueira cando sexa preciso utilizamos unha peza de doble saída que nos deu a posibilidade de ter dúas saídas independentes, a do rego e a da mangueira.  Finalmente instalamos un reloxo cun temporizador para programar o rego segundo as necesidades do clima, conseguindo así un sistema eficiente de rego sostible feito e deseñado por nós.

VAN XERMINANDO AS SEMENTES

Imagen
O experimento de xerminación de landras, castañas e noces funcionou!! O fiuncho que plantamos vai medrando para alimentar as nosas eirugas. Algunhas das nosas sementeiras xa teñen brotes  

OASIS DE BOLBORETAS

Imagen
No ámbito club de letras, en 3º ciclo, o alumnado de 5º e 6º investigamos sobre o que é un oasis de bolboretas co fin de enriquecer a nosa horta e atraer así especies de bolboretas da contorna. Indagaremos sobre os tipos de bolboretas que existen e   cales viven no noso entorno, características de cada unha e necesidades na súa alimentación co fin de plantar todas as especies de plantas necesarias para que atopen un entorno favorable no que podan vivir e alimentarse bolboretas da nosa zona nas súas diversas fases de desenvolvemento. Para rematar elaboramos un podcast de divulgación científica para compartir as nosas investigación cos compañeiros e cas familias. AROMÁTICAS FIUNCHO, RUDA, CAPUCHINA E OUTRAS PLANTAS AROMÁTICAS DIVERSAS, LILIÁCEAS, UMBELÍFERAS, CRUCÍFERAS E LEGUMINOSAS ESTRUGAS E PLANTAS SILVESTRES

REFORESTACIÓN POÉTICA

Imagen
Como todos os anos, o 21 de marzo día da poesía, subimos todo o colexio ao monte comunal de Areas para plantar árbores autóctonas ou moi adaptadas á nosa contorna como: teixos, alcornoques, fresnos, acibro, carballos e castiñeiros. É unha celebración que levamos a cabo cada ano preparando poesías e cantigas que falen da importancia da reforestación e o coidado da contorna. Nesta ocasión contamos tamén cun concerto de Migallas. PODCAST  https://go.ivoox.com/rf/125951717