Entradas

OBRADOIRO de "NENDO DANGO"

Imagen
Experimentamos con sementes e plantas Chegou a derradeira visita de Gemma, a nosa asesora da horta e imos facer con ela a técnica de reforestación "Nendo Dango". Gemma nos trae información de como Masanobu Fukuoka ideou esta técnica e como se fan estas boliñas de barro e sementes. Tamén aprendemos asociacións beneficiosas coma a Milpa. As boliñas que fagamos as donaremos á cooperativa dos nosos compañeiros de 6º para que as podan vender no mercado. Para organizarnos en grupos decidimos aproveitar a mañá para botar cobertura vexetal de palla na nosa horta (técnica que descubrimos a través da unidade didáctica que nos falaba do cambio climático), revisamos todas as aromáticas flores e plantas medicinais que temos na horta, dimos un paseo polo sendeiro do Louro en busca de flores de sabugueiro para facer un zume refrescante e comezar a preparar o cartel do stand da horta do congreso. Ao final da mañá as clases de terceiro e primeiro reunímonos para poñer en común o trballo de c...

COCIÑA SAUDABLE DE TEMPADA

Imagen
Hoxe acompáñanos Patricia Paniagua para cociñar en familia productos da horta de tempada e deseñar menús saudables e sostibles. Fálanos da importancia de consumir productos locais de temporada para a nosa saúde e a do planeta. Utilizamos para elaborar os menús diversas hortalizas e herbas que temos na horta: Albahaca, ourego, salvia, cabaciños, tomates, remolachas e pepinos. Non temos a producción suficiente aínda na nosa horta para todas as elaboracións pero si temos exemplares de cada hortaliza e herbas que imos utilizar dado que a nosa horta inclue productos moi variados pertencentes as principais familias de hortalizas e verduras locais que consumimos.

FLORES NA HORTA

Imagen
Observamos como xerminaron as sementes de cosmos, capuchina e caléndulas e revisamos os xeranios e taxetes que van crecendo. Imos transplantando novas plantas en zonas onde non xerminaron as que sementamos. Queremos que as flores estén por toda a nosa horta para atraer os insectos polinizadores e enriquecer a biodiversidade da nosa horta. Seguimos botando compost as plantas que transplantamos á horta.

ELABORAMOS REMEDIOS NATURAIS

Imagen
Hoxe visitounos Rosalía Herbalista que publicou un libro que fala de 7 herbas máxicas. As sete herbas máxicas agás o sabugueiro as temos plantadas na escola. Comezamos saíndo aos bancais onde temos maioritariamente aromáticas e comezamos recoñecendo as seis herbas coas que imos a traballar: Herba Luisa, Melisa, Ourego, Romeu, Aloe vera, Estrugas e o Sabugueiro que recollimos previamente xa que non o temos no cole. Aprendemos en familia diferentes pócemas con ela e as alumnas e alumnos que están toman nota de todo para facelo na aula as próximas semanas co resto dos compañeiros.

COLLEITAS DOS NOSOS PRODUCTOS

Imagen
Cociñamos e degustamos nas aulas Recollemos chícharos, leitugas, herbas aromáticas e seguimos coidando os distintos bancais. Degustamos os productos da nosa horta e facemos receitas saudables nas clases. Ensaladas, pesto con albahaca, recollemos chícharos e os compañeiros de infantil cociñan con eles un arroz tres delicias.

PROGRAMAMOS SENSOR DE HUMIDADE

Imagen
Investigando coa Microbit A clase de 6º segue traballando no deseño do sistema de rego, introducen un sensor de humidade que programan coa placa microbit. O sensor de humidade colócase na terra e é capaz de detectar se hai humidade suficiente ou non. Este é o primeiro paso. Agora seguiremos investigando para que cando a humidade sexa insuficiente se active a apertura do rego. A clase de 1º observa o proceso de programación na clase de sexto e comproba o seu funcionamento na horta.

PLANO A ESCALA DA HORTA

Imagen
Tomando medidas Os alumnxs de 6º estudan a horta circular para facer un plano a escala e poder realizar diversos cálculos que lles podan axudar no deseño de distintos sistemas de mantemento da horta. Comezaron tomando medidas dos bancais, da distancia entre eles, da profundidade de cada mesa de cultivo etc. Calcularon a terra que se precisa para todas as mesas de cultivo. Mediron, fixeron croquis 3D e calcularon a capacidade.