Entradas

SEMENTAMOS NOS BANCAIS 2º, 5º e 6º

Imagen
 Chegou a primavera, tempo de saír á horta. 🌞🌱 🪴O alumnado de 2º, 5º e 6º fixo hoxe unha saída para limpar os bancais, poñer as primeiras plantas da horta rotativa e nutrir a terra con vermicompost. 🪱 🪴O alumnado de 2º plantou aromáticas variadas coma albahacas, tómentelo, menta, ourego e perixel xa que na nosa horta as aromáticas e as flores teñen gran presencia para atraer polinizadores e enriquecer o noso ecosistema. 🪴O alumnado de 5º A, 5º B e 6º plantou tomates, pementos, berenxenas, repolos de moitas variedades, leitugas, acelgas, rúcula, porros e cebollas ademáis de caléndulas e taxetes no centro dos bancais. 🌼🌱🌼🌱

2º OBRADOIRO CON GEMMA- 2ºEP

Imagen
No noso obradoiro con Gemma, o alumnado de 2º de Primaria aprendeu todo o que precisan as plantas para medrar sas. Falamos da importancia de contar cunha terra ben nutrida, de como se forma o compost e do papel fundamental que desempeña a composteira no coidado da nosa horta. Ademais, realizaron diferentes experimentos para analizar mostras de terra recollidas en distintos puntos da horta. Investigaron cal delas tiña unha maior cantidade de materia orgánica e aprenderon a identificar os diferentes tipos de solo, como o areoso, o arxiloso ou o limoso, observando as súas características. Como peche de todo o traballo desenvolvido con Gemma e coas titoras de 2º, Marta, Estela e Jacqueline, elaboramos unha infografía na que recollemos os aspectos máis importantes sobre o compost e a saúde do solo. Agora está colocada ao carón da composteira para que toda a comunidade educativa poida consultala e seguir aprendendo sobre a importancia de coidar a terra que alimenta a nosa horta.  

REFORESTACIÓN POÉTICA - TODO O COLE

Imagen
 Como cada ano, para conmemorar o Día da Poesía, realizamos unha saída ao Monte Comunal de Áreas, onde participamos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas. Con esta actividade colaboramos na reforestación do monte e reflexionamos sobre a importancia de coidar e conservar a nosa contorna natural. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que o alumnado puido participar activamente na plantación e comprender o valor das especies autóctonas para a biodiversidade e a saúde dos nosos bosques. Ao rematar a xornada, visitamos o Club Hípico de Áreas, onde nos achegaron ao mundo dos cabalos. Alí explicáronnos como viven, cales son os seus coidados diarios, a alimentación que precisan e as atencións necesarias para garantir o seu benestar.  Foi un día de aprendizaxe, convivencia e contacto coa natureza.

1º OBRADOIRO DE HORTA CON GEMMA - 2ºEP

Imagen
 A nosa horta escolar converteuse nun auténtico laboratorio ao aire libre grazas á realización de tres obradoiros moi interesantes, nos que o alumnado puido investigar, experimentar e aprender de maneira práctica. Primeiro obradoiro: Coñecemos as familias botánicas Da man de Gemma e da profesora de apoio, o alumnado achegouse ao mundo das plantas, aprendendo a identificar as diferentes familias botánicas. Descubriron as súas características, as semellanzas e diferenzas entre elas e comprenderon a importancia de coñecer a súa clasificación para o coidado da horta. Segundo obradoiro: Descubrimos o compost Con Marta, realizamos a limpeza da composteira e recollimos o compost xa elaborado. Ademais, observamos con atención os pequenos organismos que viven no seu interior e descubrimos o papel fundamental que desempeñan na descomposición da materia orgánica e na creación dun solo fértil. Terceiro obradoiro: Investigamos a calidade da terra No último obradoiro, guiado por Nataxa, recollem...

COÑECEMOS AS LEGUMINOSAS EN 5º e 6º DE EI

Imagen
Coñecemos o bancal das leguminosas Esta semana realizamos unha sesión co alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil para descubrir o noso bancal das leguminosas e aprender moitas curiosidades sobre este importante grupo de plantas. Ao longo da actividade coñecemos que son as leguminosas, cales son as súas principais características e por que desempeñan un papel tan importante tanto na agricultura como na nosa alimentación. Falamos das súas propiedades nutricionais, do seu elevado contido en proteínas, fibra e minerais, e da importancia de incorporalas a unha dieta saudable e equilibrada. Tamén descubrimos que as leguminosas contribúen a mellorar a fertilidade do solo, xa que son capaces de achegar nitróxeno á terra, favorecendo así o crecemento doutras plantas e axudando a manter un cultivo máis sostible. Na parte práctica da sesión presentamos diversas sementes de leguminosas e propuxemos ao alumnado un reto: identificalas e relacionalas coa planta da que proceden e coa parte que habit...

SEMENTANDO LANDRAS EN INFANTIL 4º DE EI

Imagen
Este ano, os peques de infantil sementaron landras na clase de 3 anos no mes de outubro.  A idea xurdiu porque o alumnado recolleu landras no monte coas súas familias e as trouxeron ao cole. Despois de traballar con elas decidimos xerminalas. Cara o mes de febreiro-marzo as landras comezaron a brotar e obtivemos uns preciosos Carballos.  Os nosos carballos foron crecendo e decidimos trasplantalos para utilizalos na reforestación que realizaremos no monte de Areas no seguinte curso escolar.  Deixamos algunhas fotos para que vexades canto traballamos. 

TAREFA ÁMBITOS "NATURAL SOCIAL" 1º TRIMESTRE de todo o COLE

Imagen
 O alumnado de EI e EP do cole realizou no primeiro trimestre no ámbito Natural Social, unha tarefa sobre hábitos e alimentación saudable. No 3º ciclo adicamos unha sesión ao traballo de horta. Investigamos sobre as verduras de temporada, os seus beneficios etc... Aprendimos a identificadas na horta, a sementalas e coidalas ata a súa colleita. Tamén cociñamos con elas diversas receitas. O alumnado de 5º e 6º pasou pola horta a facer este traballo na terceira sesión do ámbito do primeiro trimestre, na tarefa "Da Terra ao prato". O traballo de investigación foi igual para todos os grupos e o resultado final foi organizar os cultivos por estacións e tamén situalos nos bancais correspondentes seguindo a rotación establecida. Entre todos lograron limpar ben os bancais, engadir compost, revisar o rego e plantar no lugar axeitado seguindo os patróns de plantación que buscaron para cada cultivo.